Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de agosto de 2026

O Concello inaugura os primeiros 14 puntos limpos de proximidade da nova rede de reciclaxe nos barrios

A alcaldesa, Inés Rey, visitou un destes novos equipamentos no barrio de Matogrande e subliñou o progresivo despregamento dun total de 70 instalacións de reciclaxe

A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou hoxe no barrio de Matogrande un dos 14 novos puntos limpos de proximidade que o Concello distribuirá en distintas zonas da cidade (3 en Matogrande, 4 en Xuxán, 3 en Novo Mesoiro e 4 nos Rosales). 

Esta actuación é a fase piloto para a implantación do novo modelo de puntos de recollida cercanos á veciñanza, que contará cun total de 70 novas instalacións e terá presenza en todos os distritos da Coruña, especialmente en contornas de uso cotián como centros cívicos, mercados, instalacións deportivas, bibliotecas, colexios, prazas e outros espazos públicos, garantindo unha cobertura territorial equilibrada para toda a poboación.

"Con esta medida a grande escala non buscamos só o cumprimento das directrices nacionais e comunitarias en reciclaxe e separación de residuos. Buscamos ir un paso máis alá e ser vangarda na implantación dun modelo de proximidade que optimice os recursos e avance cara a un futuro máis sostible e con máis implicación da cidadanía nos procesos de xestión de residuos e reciclaxe", subliñou Inés Rey.

A acción forma parte do proceso de modernización da xestión de residuos do Concello e está financiada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os fondos Next Generation EU. Os residuos que se poderán depositar nestes puntos de proximidade seguindo a separación en 8 fraccións son: 

  • Lámpadas LED e outras lámpadas domésticas admitidas.

  • Cartuchos de tinta e tóner.

  • Envases domésticos contaminados ou con restos de substancias perigosas

  • Pequenos refugallos de aparellos eléctricos e electrónicos

  • Cápsulas de café.

  • Pequeno enxoval doméstico, como vaixela, porcelana, utensilios de cociña ou pezas similares.

  • Aerosois domésticos, incluídos envases de pinturas en spray, insecticidas e produtos equivalentes.

  • Pilas, baterías e pequenos acumuladores.

"O que queremos é reducir a presenza destes residuos nos contedores de resto e no medio ambiente, facilitando hábitos máis sostibles e promovendo a economía circular, ademais de mellorar a rastrexabilidade e o control dos residuos", apuntou Inés Rey.

A cidade  xa ten unha rede consolidada de 11 minipuntos limpos operativos, cunha elevada participación cidadá, e avanza agora con estas 14 novas localizacións piloto de Puntos Limpos de Proximidade cara a consolidación dun modelo que lle achegará máis aos barrios a recollida separada. Os novos puntos limpos incorporan equipos especificamente deseñados para a súa instalación na vía pública, con materiais antivandálicos, elevada durabilidade e sistemas que facilitan o control, a seguridade e o mantemento do servizo. 

"O obxectivo é dispor dunha infraestrutura moderna, accesible e preparada para adaptarse a futuras necesidades de recollida selectiva. Estamos a dar un salto cualitativo na xestión de residuos domésticos de difícil reciclaxe", rematou a alcaldesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión