Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xaneiro de 2021

O Concello informa do punto exacto en que se atopen as carrozas dos Reis Magos a través dun mapa interactivo

Esta retransmisión en tempo real realizarase a través do portal web municipal www.coruna.gal e a través da conta de Twitter do Concello da Coruña En horario matutino, de 11.00 a 14.00 h, cada comitiva realizará unha vez o circuíto programado. En cambio, pola tarde, de 17.00 a 21.00 h, farano dúas veces. Así, aseguran desde o Concello, “as nenas e nenos da Coruña terán varias oportunidades para ver os Reis Magos sen necesidade de moverse do seu propio barrio”

Os Reis Magos visitarán mañá, 5 de xaneiro, todos os barrios da cidade en tres percorridos simultáneos desde as 11.00 ás 14.00 e desde as 17.00 ás 21.00 h. Deste xeito, a cidade dividirase en tres zonas e cada unha delas terá a súa comitiva cos seus correspondentes reis magos, que irán nun autobús descapotable convertido en carroza real, co obxectivo de evitar aglomeracións de persoas nas rúas e prazas.

En horario matutino, de 11.00 a 14.00 h, cada comitiva realizará unha vez o circuíto programado. En cambio, pola tarde, de 17.00 a 21.00 h, farano dúas veces. Así, aseguran desde o Concello, "as nenas e nenos da Coruña terán varias oportunidades para ver os Reis Magos sen necesidade de moverse do seu propio barrio e, nalgúns casos, incluso desde as ventás dos seus fogares". Aseguran, "non se trata dunha cabalgata ao uso, senón dunha visita na que non se realizarán paradas".

Para previr os contaxios pola Covid-19, este ano non se lanzarán caramelos desde as carrozas. Ademais, Melchor, Gaspar e Baltasar terán feitos os test PCR de coronavirus e levarán posta unha máscara transparente para chegar a todas as nenas e nenos.

Para facilitar o seguimento das comitivas reais, informarase en vivo do punto exacto en que se atopan as carrozas a través dun mapa con "ubicación en tempo real" ao que se poderá acceder a través da portada da web municipal www.coruna.gal. Esta información tamén se comunicará a través da conta de Twitter @ConcelloCoruna.

Os percorridos que realizarán as tres carrozas son os seguintes:

Carroza 1

  • Zona Pescadería-Monte Alto-Adormideras:

Pza. Pontevedra/San Andrés/Sta. Catalina/Cantón Grande/Avda. Marina/Paseo Dársena/Maestranza/Avda. Metrosidero/Campo da Leña/Pza. España/San Juan/Orillamar/bajada a Adormideras/Regata Cutty Sark/Juan Sebastián Elcano/Avda. Navarra/Rda. Monte Alto/Avda. Hércules/Ramón del Cueto/Paseo Marítimo/Curros Enríquez/Torre/Pza. España/Panaderas/Orzán/Pórtico San Andrés/San Andrés/Pza. Pontevedra.

  • Zona Ensanche (enlace Zona Cuatro Caminos/Los Castros):

Pza. Pontevedra/Teresa Herrera/Pza. Lugo/Ferrol/Sinfónica Galicia/Uruguay/Avda. Arteixo/Juan Flórez/Play y Cancela/Juan Castro Mosquera/Sinforiano López/Doctor Fleming/Inés de Castro/Pla y Cancela/Cuesta de la Unión/Juan Flórez/Marcial Adalid/Federico Tapia/Pza. Galicia/Rosalía Castro/Francisco Mariño/Pza. Pontevedra/Juana de Vega/Pza. Ourense/Avda. Linares Rivas/Avda. Primo Rivera/Pza. Palloza/Concepción Arenal/Pza. Cuatro Caminos.

Carroza 2

  • Zona Ensanche (enlace Rosales/Labañou/Agra del Orzán):

Pza. Pontevedra/Juan Flórez/Médico Rodríguez/Fernando Macías/Pza. Portugal/Avda. Buenos Aires/Manuel Murguía/Paseo de Ronda/Avda. Gran Canaria/Rda. Outeiro/Manuel Azaña/Alcalde Suárez Ferrín/Manuel Azaña/Alfonso Rodríguez Castelao/San Pedro de Visma/Rda. Outeiro/Monasterio Bergondo/Monasterio Caaveiro/Peñamaría de Llano/Alcalde Jaime Hervada/Alfredo Tella/Rda. Outeiro/Villa de Negreira/Rda. Nelle/Peruleiro/Rda. Outeiro/Paseo de Ronda/Avda. Habana/Alfredo Vicenti/Pza. Pontevedra.

  • Zona Sagrada Familia-Vioño-Estación/Bens/Nostián:

Rda.Nelle/Nta.Sra.Fátima/Rda.Outeiro/Igualdad/Revolución Francesa/ Pasteur/Rda. Outeiro/Avda. Arteixo/Noya/Avda. Mallos/Europa/Avda. Sardiñeira/Capitán Juan Varela/Pza. Monforte/Vizcaya/Avda. Arteixo/Newton/Avda. Finisterre/Carretera     Bens (A Moura)/Lugar de Bens/ retorno Avda. Finisterre/Lugar de San  José/Lugar de Nostián.

Carroza 3

  • Zona Cuatro Caminos-Gaiteira-Os Castros:

Salida desde Iglesia San Pedro Mezonzo/Alexandre Bóveda/Cuatro Caminos/Avda. Fernández Latorre/Ramón y Cajal/Alcalde Marchesi/Puente/Roberto Tojeiro/Rda. Outeiro/Merced/Avda. Concordia/Avda. Pasaje/Avda. Oza (dirección Casablanca)

  • A través de la AC-10 enlace con Monelos-Oza-Matogrande:

AC-10/Rda. Camilo José Cela/Juan Díaz Porlier/Federico García/Enrique Mariñas/Carlos Martínez Barbeito Morás/Salvador de Madariaga/Avda. Monelos/Barrio Xuxán (acceso rebasado "Lidl" dirección edificios circunvalando todos los inmuebles y saliendo por el  mismo lugar de entrada)/ saída cada Avda.                               Monelos/Vicente Aleixandre/

Antonio Noche/ Avda. Concordia (dirección Gadis-Piscina)/Avda. Casanova de Eirís/ Bergondo/Antonio Noche/Avda. Concordia (dirección Javier López/Javier López (cambio de sentido)/Avda. Lamadosa/Jerónimo Vázquez Franco/Avda. Monelos/Avda. Monserrat/Pedralonga.

  • Zona Elviña-Mesoiro:

Saída Avda. Ferrocarril (zona Urbanización "Trébol")/General Rubín/Pablo Picasso/Avda Glasgow/Félix Acevedo/Mendaña  de Neyra / ACabana/ Someso/ Martinete-Birloque/ Juan Darriba/ Avda. Glasgow/Avda. Universidad/José Pascual López Cortón.

Avda. García Sabell/a través de la Carretera DP-0512 acceso Mesoiro/Carretera Feáns/acceso Urban. Breogán/Félix Rodríguez de la Fuente/ cambio sentido en parada autobús urbano/Carretera Feáns/Rotonda acceso Novo Mesoiro/Islas Sisargas/Avda. Novo Mesoiro/Ribeira Sacra/Fragas do Eume/salida hacia nuevo itinerario

  • Zona Zapateira-Palavea:

Avda. Alfonso Molina/Antonio Insua Rivas/Campus Zapateira/Lisboa/Avda. Nueva York/Urbanización Valaire (C/ Milán-Budapest) retorno hacia Avda. Alfonso Molina para incorporarse a Palavea (vial interior de circunvalación)/Rotonda frente Hipermercado "Alcampo"/Luis López Casanegra/retorno a través de Avda. Alfonso Molina (dirección "Coliseum")

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión