Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2025

O Concello inicia os trámites para adquirir 4.100 novos contedores, que contribuirán a modernizar o sistema de recollida de residuos

Unha das principais novidades dos contedores será a incorporación de peches electrónicos, tamén un control automático de capacidade

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a saída a concurso do contrato de subministro que nos permitirá incorporar máis de 4.100 novos contedores para modernizar o sistema de recollida do lixo, especialmente da materia orgánica.

Destes 4.100 contedores, 650 terán unha capacidade de 1.800 litros cada un, a súa recollida será de carga lateral e, ademais, contarán cun novidoso peche electrónico e un control automático de capacidade, o que axudará a regular o seu uso a medida que se vaian enchendo. Os outros 3.500 contedores, de carga traseira, terán capacidades máis pequenas e están orientados á recollida domiciliaria de biorresiduos.

A incorporación destes contedores por parte do Concello suporá un importante investimento que contará con financiación europea. A este contrato, que sae a concurso por 2,3 millóns, sumarase máis adiante o correspondente ao subministro dos novos mini-puntos limpos, "que tamén suporá un desembolso importante mais necesario para optimizar a recollida do lixo grazas á separación en orixe", indicou a alcaldesa, Inés Rey.

Licenza para 45 novas vivendas no 270 da rolda de Outeiro

Xa no referente ao balance dos permisos urbanísticos concedidos polo Concello na última quincena do mes de novembro, cómpre destacar a licenza outorgada para a construción de 45 novas vivendas no soar existente no número 270 da rolda de Outeiro. O investimento previsto pola empresa promotora é de 4,2 millóns.

Por outra banda, o Concello tamén aprobou os permisos necesarios para a rehabilitación integral dos números 46 e 48 da rúa Orzán, dous edificios que se destinarán a usos residenciais. "Ambos os edificios están en ruínas, ante a inacción da propiedade con respecto ás súas obrigas atendendo á normativa municipal. Ademais, Urbanismo emitiu expedientes sancionadores ao respecto este mesmo ano. Ao conceder a licenza para recuperalos, avanzamos co noso obxectivo de contribuír á rehabilitación de inmobles na Coruña e facilitar así a creación de máis vivenda na cidade", explicou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión