Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de abril de 2025

O Concello inicia traballos de mellora da seguridade e accesibilidade na Cidade Deportiva da Torre – Arsenio Iglesias

A actuación, que ten un orzamento superior a 100.000 euros, consiste na substitución das varandas do recinto e a creación de novas ramplas e escaleiras

O Concello iniciou nos últimos días as obras de mellora da accesibilidade e seguridade na Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias. O Concello destina algo máis de 100.000 euros a acometer melloras en diversos puntos da Cidade Deportiva da Torre. Isto suporá, entre outras accións, a renovación das barreiras de protección que hai na contorna dos campos de fútbol.

"Esta medida é fundamental para seguir avanzando no plan progresivo de renovación da Cidade Deportiva iniciado polo Goberno de Inés Rey", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. Substituiranse as varandas deterioradas pola súa exposición ás condicións meteorolóxicas destes campos por unhas novas.

Ademais, levaranse a cabo diferentes medidas en materia de accesibilidade, adaptando as instalacións á normativa actual. Entre os traballos destaca a instalación de lousas podo-táctiles, o acondicionamento do firme e a creación de novas ramplas de acceso e escaleiras.

Con esta actuación, darase cumprimento ás principais reclamacións dos usuarios e usuarias da cidade deportiva, onde xa se renovou o céspede artificial dos campos e tamén se instalou iluminación led de baixo consumo. Ademais, outra das peticións das persoas usuarias, a instalación dun espazo de lecer e restauración, tamén foi satisfeita o pasado ano 2023.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión