Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de febreiro de 2024

O Concello iniciou dúas novas intervencións para mellorar a rede de saneamento nos barrios de Catro Camiños e A Zapateira

Xa se está a acometer a renovación dos colectores na rúa Novoa Santos, unha actuación que se dividirá en dúas fases. En paralelo, Infraestruturas está a instalar a rede de recollida de augas na rúa París

O Concello da Coruña comezou esta semana os traballos correspondentes á renovación da rede de saneamento na rúa Novoa Santos, no barrio de Catro Camiños, unha intervención que se acometerá en dúas fases diferenciadas, ao longo duns 208 metros de percorrido.

A primeira destas dúas fases estase levando a cabo no treito de Novoa Santos comprendido entre a avenida de Oza e o cruzamento coa rúa Nicomedes Pastor Díaz. Son, aproximadamente, 108 metros de colectores. Xa posteriormente, na segunda fase, completarase a renovación das tubaxes existentes no treito de Novoa Santos que vai desde Nicomedes Pastor Díaz ata a avenida do Exército, duns 100 metros.

Seguindo o modelo das melloras de saneamento que está a executar o Goberno de Inés Rey en todos os barrios da cidade, o Concello substituirá os antigos colectores -de gres- e implementará uns novos, feitos de PVC e cun diámetro máis amplo, de 315 mm, o que permite reforzar a seguridade ante posibles fugas de augas.

Esta actuación, promovida pola Área de Economía e Planificación Urbana a través do servizo municipal de Infraestruturas, implicará un investimento de 100.000 euros.

Instalación de colectores na rúa París, na Zapateira

En paralelo aos traballos en Novoa Santos, o Concello iniciou tamén unha nova intervención na rúa París, situada no sector leste do barrio da Zapateira. En esencia, o plan de obra inclúe a instalación da rede de recollida de augas fecais e pluviais no treito da rúa París que está comprendido entre as rúas Florencia e Ámsterdam. Os traballos suporán un investimento de 130.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión