Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2023

O Concello instala tres novos aparcabicis seguros en centros deportivos da cidade

Os novos módulos, que se suman aos xa dispoñibles na estación de autobuses, estarán en Elviña, Os Rosales e Barrio das Flores

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, instalará este venres tres novos aparcabicis seguros na contorna de tres centros deportivos da cidade. Esta intervención supón a continuidade do proxecto de colocación de 10 módulos en puntos estratéxicos do municipio, sumándose ao xa operativo na estación de autobuses.

Os novos aparcadoiros estarán situados na praza de Agustín Díaz, xunto ao Centro Deportivo de Elviña, na rúa Petunias, xunto ao polideportivo do Barrio das Flores e no paseo marítimo, xunto ao polideportivo dos Rosales. Os módulos teñen unha lonxitude de 7,7 metros e contan con cinco prazas individuais e dúas adaptadas. Cada estación contará cunha lenda informativa que lle permitirá ás persoas interesadas en empregalas correctamente. 

Estes módulos contan con placas fotovoltaicas e baterías e serán autónomos, sen necesidade de conexión á rede eléctrica. Tamén disporán de conexión para bicicletas eléctricas. Cada módulo leva un sistema de seguridade intelixente sensorizado conectado á porta e á propia bicicleta polo que ante calquera acto de vandalismo, intento de roubo ou calquera acción sobre a porta ou a bicicleta unha vez aberta, o sistema manda unha notificación en liña ao móbil do usuario/a e á policía avisando da incidencia. Tamén soará unha alarma sonora na propia estación.

Ademais, o sistema conta cunha aplicación para dispositivos iOS e Android para coñecer o estado da estación e proceder ao peche e apertura do aparcadoiro individual. Os novos aparcabicis seguros estarán á disposición da cidadanía durante os 365 días do ano e as 24 horas do día.

Esta iniciativa forma parte da estratexia do Goberno de Inés Rey para fomentar o uso de medios de transporte sostibles. O orzamento para a adquisición e instalación dos dez aparcadoiros previstos é de máis de 222.000 euros. Tras a instalación destes catro aparcabicis quedarán outros seis, con localizacións xa definidas: dous estarán nos parques empresariais de Agrela e Pocomaco e outros catro, nos campus universitarios da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión