5 de novembro de 2025
Hoxe saíron a concurso as obras de remodelación dos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre e os traballos para reformar as cubertas dos pavillóns da Sagrada Familia e o Ventorrillo
O abano de investimentos aprobados este mércores na Xunta de Goberno Local esténdese tamén ás instalacións deportivas municipais. Tal e como se acordou hoxe, o Concello licita actuacións por valor de máis dun millón de euros entre a Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias e os pavillóns polideportivos da Sagrada Familia e o Ventorrillo, co obxectivo de ir adecuando estes recintos ás súas necesidades actuais.
No caso da Cidade Deportiva da Torre, o Goberno de Inés Rey avanza xa cara a primeira fase da reforma dos vestiarios, centrada na redistribución de espazos para reorganizar as dependencias. A actuación conta cun orzamento de 926.000 euros.
Xa no referente aos pavillóns polideportivos da Sagrada Familia e o Ventorrillo, está previsto renovar ambas as cubertas destas dúas instalacións, cun importe total de algo máis de 300.000 euros.
As tres actuacións saen xa a concurso, o paso previo á súa adxudicación e, a posteriori, execución.

5 de novembro de 2025

17 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible