Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2026

O Concello investirá case 2,7 millóns no mantemento e conservación dos parques infantís da Coruña nos vindeiros dous anos

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a saída a concurso do novo contrato, que complementa accións xa en marcha, como a reconfiguración das áreas de xogo na praza de Portugal e a gardaría do Ventorrillo

O Concello destinará case 2,7 millóns de euros ao novo contrato de mantemento e conservación dos 223 parques infantís, áreas biosaudables, pistas multideporte e espazos lúdicos urbanos existentes na Coruña, un investimento previsto para o resto deste exercicio e tamén de cara aos dous próximos anos, ata o 2028.

A saída a concurso do contrato, aprobada esta mañá na Xunta de Goberno Local, reforza a liña de acción que está a impulsar o Goberno de Inés Rey para adaptar estas instalacións e equipamentos públicos ás demandas das persoas usuarias. Cómpre subliñar, ademais, que os pregos do contrato inclúen tamén as áreas infantís dos CEIP da cidade, polo que a prestación do servizo tamén atenderá as súas necesidades.

"O servizo de mantemento e conservación é fundamental para garantir o coidado dos espazos de xogo e os destinados á práctica deportiva e de exercicio físico ao aire libre", explicou Inés Rey, que fixo fincapé na importancia de que, ademais de dotar os barrios de máis e mellores equipamentos, tamén haxa unha atención e seguimento constante das melloras que se van acometer en cada recinto.

Neste sentido, a rexedora lembrou que o Concello prevé executar este ano a reconfiguración dos parques infantís da praza de Portugal e a gardaría do Ventorrillo -este último, cuberto-, o que permitirá adaptar as dúas áreas de xogo ás necesidades existentes, con equipamentos máis modernos, adaptados e accesibles para todas as crianzas.

Ademais, en paralelo, o Concello tamén está ultimando a creación dunha nova pista multideporte na Urbanización Breogán, que se sumará ás xa habilitadas meses atrás no barrio dos Rosales e no núcleo poboacional da Silva.

Todas estas instalacións de xogo, tanto as xa abertas como as que se habiliten a posteriori, estarán incluídas neste contrato de mantemento e conservación que sae agora a licitación, que recolle unha duración inicial de dous anos e tamén unha posibilidade de prórroga por outros tres.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión