Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de maio de 2026

O Concello investirá máis de 120.000 euros nos servizos de transporte das actividades educativas municipais e das excursións dos centros cívicos

O contrato inclúe o traslado en autocar para as actividades dos centros públicos e os itinerarios gratuítos para maiores de 50 anos por distintos puntos de Galicia

O Concello investirá máis de 120.000 euros na contratación do servizo de transporte do alumnado participante nos programas educativos municipais e para as saídas socioculturais por Galicia para maiores de 50 anos, organizadas a través da rede de centros cívicos. 

O Goberno municipal promove ao longo do ano numerosas actividades para todas as idades -moitas delas para o alumnado dos centros públicos da cidade- con transporte gratuíto grazas á contratación deste servizo de autocares que está a renovarse coa licitación en marcha, que ten un prazo de execución dun ano. Este servizo, indicou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Dixital, Juan Igancio Borrego, supón unha importante axuda para a educación pública, habida conta, recordou, de que o apoio do Concello é fundamental nos centros de primaria da cidade, que carecerían de todo tipo de actividades e servizos sen ese respaldo municipal pola falta de aportacións da Xunta, malia ter esta as competencias plenas en educación.

En canto ás saídas por Galicia, o Concello organiza unha programación de excursións culturais vinculadas á rede municipal de centros cívicos. Este ano, a iniciativa contou cun total de 1.080 prazas gratuítas destinadas a persoas maiores de 50 anos. Incluíu dúas rutas diferentes -Baiona-Pontevedra e Lugo-Portomarín-, que nos meses de abril e maio permitiron achegar as persoas participantes a diferentes espazos de interese cultural e patrimonial de Galicia.

"Dotar de recursos públicos estas iniciativas é fundamental para manter a calidade do noso programa, que lles permite a centos de persoas acceder a actividades culturais e coñecer mellor Galicia de xeito gratuíto. O compromiso do Goberno de Inés Rey é potenciar este tipo de ocio cultural accesible e inclusivo con todas as persoas nos medios ao seu alcance", apuntou Juan Ignacio Borrego.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión