13 de xullo de 2026
O proxecto prevé que o novo equipamento teña a capacidade de xerar ata 1.000 quilogramos de xeo ao día
Seguindo co seu plan de mellora das instalacións dos mercados municipais na cidade, o Concello sacou a licitación o contrato para a instalación dun novo sistema de xeración e almacenaxe de xeo no Mercado Municipal de Elviña, un dos de maior actividade na cidade e que o pasado mes de maio celebraba o 20 aniversario das súas instalacións. O orzamento base de licitación do proxecto ascende a máis de 127.000 euros.
"O Mercado de Elviña é un gran foco de actividade comercial desta cidade. O Goberno municipal ten o compromiso de poñer a punto e modernizar as diferentes instalacións de mercados municipais para garantir que sigan comercializándose os produtos da mellor calidade e nas mellores condicións. O xeo é un elemento indispensable na venda de produto fresco e con esta intervención buscamos facer máis rápidos e efectivos os procesos de refrixeración, facéndolle o labor máis doado aos profesionais", subliñou o concelleiro Juan Ignacio Borrego.
O proxecto inclúe a montaxe dun silo para almacenaxe de xeo que estará composto por un panel frigorífico tipo sándwich, conformado por dous ferros de aceiro electrogalvanizado. Executarase ademais o revestimento interior de chan e paredes con chapa de aceiro inoxidable. O silo terá unha porta dispensadora de 800x1000mm. A estrutura tamén estará equipada con ocos inferiores para permitir o aloxamento de recipientes e contedores de xeo, así como embocaduras cónicas de aceiro inoxidable na saída de xeo para evitar o desperdicio.
Instalarase na parte posterior do silo unha escaleira de mantemento para facilitar o acceso á parte superior do silo e aos equipos de xeración que se instalarán sobre el. A proposta contempla que o equipamento sexa capaz de xerar uns 1.000 quilogramos de xeo por día. As ofertas para a obtención do contrato estarán abertas ata o próximo 24 de xullo. A actuación a actuación levarase a cabo a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).
"Con as melloras das infraestruturas dos mercados poñemos en valor o produto local, especialmente o producto do mar. A nosa pesca é parte da nosa historia. Como cidade, temos que apostar polo noso, que é a calidade. Por iso tamén sacamos adiante iniciativas como a creación do selo Peixe da Lonxa ou promovemos o consumo local con eventos como as Xornadas de Bonito", engadiu Juan Ignacio Borrego.

26 de xuño de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible