Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xullo de 2020

O Concello lanza unha campaña para informar a veciñanza da limitación xeral de 30 km/h nas rúas da cidade

Con esta medida, o Goberno local pretende incrementar o protagonismo das peoas e dos peóns, reducir o número de accidentes de gravidade, limitar os danos ao medio (xa que unha velocidade inferior significa menos emisións de CO2) e gañar espazos públicos de maior calidade urbana

O Concello acaba de lanzar unha campaña informativa para lle comunicar á veciñanza da Coruña a posta en marcha da declaración de "Cidade 30", o que implica que a limitación xeral de velocidade en todas as vías urbanas da cidade, a excepción dalgunhas rúas, será de 30 quilómetros por hora.

O eixe das vías Sánchez Bregua-Juana de Vega-Rexedor Somoza- túnel da praza de Pontevedra manteñen a súa velocidade máxima en 50 km/h. As rúas Ramón y Cajal, Fernández Latorre e a avenida de Pérez Ardá até a rolda de Outeiro tamén seguirán coa mesma limitación. Pola súa banda, a rúa Juan Flórez conserva a velocidade máxima de 50 km/h, agás no carril dereito, cuxa velocidade máxima permitida é xa de 30 km/h. 

Desde Mobilidade aclaran que as vías urbanas de dous ou máis carrís por sentido de circulación poden ter unha limitación de 50 km/h, e naquelas cuxa configuración o permita pódense implantar carrís con limitación de velocidade a 30 km/h. 

A nova normativa recolle que nas rúas con plataforma única a velocidade sexa de 10 km/h, salvo o transporte público, que pode circular a 20 km/h.

Con esta medida, o Goberno local pretende incrementar o protagonismo das peoas e dos peóns, reducir o número de accidentes de gravidade, limitar os danos ao medio (xa que unha velocidade inferior significa menos emisións de CO2) e gañar espazos públicos de maior calidade urbana.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión