Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2019

O Concello levará a cabo melloras no vial do Oncolóxico para garantir a accesibilidade ao hospital

O concelleiro de Urbanismo e Moblidade, Juan Díaz Villoslada, anunciou que as obras contan cun orzamento de preto de 400.000 euros.

O Concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá en María Pita co vicepresidente da Fundación Centro Oncológico de Galicia, Fernando Cachafeiro, o director médico, Alfonso Mariño, o xerente do centro, Manuel Ramos, e Lucía Cachafeiro, secretaria da fundación, para abordar distintas cuestións relativas ás melloras da accesibilidade ao hospital.

O concelleiro anunciou que o Concello ultima o proxecto de mellora do vial para garantir a mobilidade e os accesos a pacientes e profesionais do centro que son os principais usuarios desta vía. Trátase de ampliar a estrada, xa que é moi estreita e atópase en moi mal estado. Ademais, se levarán a cabo obras no sistema de pluviais e iluminación. O proxecto, que dispón dun orzamento de preto de 400.000 euros, executaríase con cargo ás contas do 2020. Os traballos forman parte do plan de mellora de mobilidade que o Concello poñerá en marcha o próximo ano co fin de construír unha cidade máis accesible para toda a cidadanía.

Durante a reunión tamén se analizou o estado do inmoble que se atopa, segundo explicou Ramos Vázquez, bastante deteriorado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión