Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2025

O Concello licita a xestión do programa municipal Talón Restaurante

Durante o ano 2024 repartíronselles 102.824 menús equilibrados ás persoas usuarias a través dunha rede de 20 establecementos adheridos e garantiuse unha alimentación saudable e socialización desta veciñanza

O Concello da Coruña activou o procedemento aberto simplificado abreviado para contratar, por un ano prorrogable, a xestión técnica do programa Talón Restaurante, cun orzamento base de 15.254,55 € anuais (sen IVE) e valor estimado de 30.509,11 €. O prazo para presentar ofertas electrónicas remata ás 23.59.59 h do décimo día hábil seguinte á publicación na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O talón restaurante diríxese a persoas maiores de 65 anos (ou de 60 con pensión), vítimas de violencia de xénero maiores de 60 e persoas con discapacidade. Cada beneficiaria/o recibe entre 10 e 25 talóns mensuais de 4,44 € ou 6 € para pagar parte dun menú diario de prezo máximo 9 €, co obxectivo de manter unha dieta equilibrada e de previr o illamento social.

As principais tarefas deste contrato de xestión son: a información e apoio a persoas usuarias e locais; impresión e repartimento trimestral dos bonos; recollida e reconto mensual dos talóns consumidos; e asistencia á facturación electrónica dos establecementos, ademais de reunións mensuais de seguimento co Concello. O ano pasado repartíronse máis de 100.000 menús na cidade nun programa que, ademais do custo da xestión, supón un investimento anual superior aos 600.000 euros. 

Na adxudicación, o prezo ofertado sumará 49 puntos, a redución do tempo de resposta ás incidencias achegará 26 puntos e o compromiso de realizar unha enquisa anual de satisfacción outorgará 25 puntos.

Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, manifestou que "esta licitación garante a continuidade dun recurso que combina alimentación saudable, dignidade e apoio ao comercio local e axuda a consolidar unha Coruña máis xusta e inclusiva". O programa Talón Restaurante forma parte do amplo abano de medidas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para contribuír á cobertura social da cidade. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión