Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de setembro de 2023

O Concello licita dúas novas rotondas para mellorar a seguridade na avenida de Fisterra, nos cruzamentos coas rúas Gútemberg e Gambrinus

As obras, cofinanciadas con fondos Next Generation, permitirán remodelar o circuíto de tráfico rodado nunha das principais vías de acceso á cidade, facilitando a entrada e saída ao polígono de Agrela

O Concello da Coruña licitou este venres as obras de construción de dúas novas rotondas entre a avenida de Fisterra e as rúas Gútemberg e Gambrinus, no perímetro exterior do polígono de Agrela. Estas actuacións forman parte das 17 intervencións que, a finais de abril, obtiveron financiación estatal a través da segunda convocatoria dos fondos Next Generation.

A creación das novas rotondas na avenida de Fisterra responde ao compromiso asumido polo Goberno de Inés Rey para reordenar o circuíto de tráfico rodado entre O Ventorrillo, A Silva e o polígono de Agrela, concretamente en dous cruzamentos onde é necesario reforzar a seguridade vial, os que conectan a avenida coas rúas Gútemberg e Gambrinus.

Neste sentido, entre a avenida de Fisterra e Gútemberg construirase unha nova rotonda de 29 metros de diámetro, con dous carrís de 4,5 metros cada un e un arcén de 0,5 metros. Haberá dous carrís de entrada e saída desde a avenida de Fisterra, mentres que cara á rúa Gútemberg haberá un en cada sentido. Esta intervención será practicamente idéntica á que se levará a cabo entre a avenida de Fisterra e Gambrinus, coa disposición dunha glorieta ideada cunhas dimensións moi similares.

A alcaldesa, Inés Rey, destacou hoxe a relevancia destas intervencións, "que permitirán reforzar a seguridade peonil e mellorar a circulación rodada". Ademais, aproveitando os traballos, remodelaranse as beirarrúas e crearanse novos pasos peonís na contorna. "En sintonía con todas as actuacións urbanísticas que estamos a executar na cidade, as novas beirarrúas e pasos peonís serán máis accesibles", recalcou a rexedora.

Para construír as dúas novas rotondas, o Concello levará a cabo un investimento total de 785.000 euros -394.480 euros destinados á glorieta entre a avenida de Fisterra e Gútemberg; e 390.575 euros na que substituirá o cruzamento coa rúa Gambrinus-.

Os traballos terán un prazo de execución de seis meses en ámbolos casos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión