5 de febreiro de 2025
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos procesos de inclusión social e transición a unha vida máis autónoma
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este mércores a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que aprobou a saída a concurso do servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social de Atención Continuada, na avenida de Labañou.
Esta instalación, de xestión municipal, habilitouse tras a reforma parcial do antigo albergue da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, unha intervención executada polo Concello en virtude do acordo subscrito previamente entre ambas as partes. A rexedora lembrou que o convenio de colaboración para recuperar o edificio "tiña un obxectivo claro: adecuar este espazo para o seu uso social e asistencial, atendendo as necesidades actuais das persoas usuarias".
Agora, o Goberno municipal vén de establecer as pautas do servizo de atención, no que se levará a cabo un investimento de máis de 616.000 euros entre este ano e o 2027. A alcaldesa recalcou que o contrato será prorrogable anualmente por outros dous anos máis.
Un dos aspectos máis destacados do servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social de Atención Continuada é a cobertura asistencial, que se prestará de luns a domingo, de 20.00 a 12.00 horas, polo que a prestación diaria será de 16 horas.
Un obxectivo clave: dar apoio profesional cara a unha vida normalizada
En base ao acordo subscrito coa Institución Benéfico Social Padre Rubinos, o Concello ostenta, en réxime de cesión, as instalacións do antigo albergue -unha superficie de case 2.000 metros cadrados-, que acollen agora o Centro Social de Atención Continuada tras a rehabilitación parcial completada o pasado verán.
Neste sentido, o Centro Social de Atención Continuada complementa os demais recursos cos que conta o Concello para atender a persoas en situación de exclusión social, permitindo que dispoñan de espazos de descanso. Ademais, entre as novas dependencias creadas destacan as salas polivalentes que se habilitaron para as persoas usuarias, así como o ambigú e aseos.

8 de decembro de 2025

6 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible