Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de decembro de 2017

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición para os campamentos de Nadal creativos do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano

As actividades xiran este ano arredor dos gremios que, ao longo da historia, traballaron coas súas mans os produtos da terra

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén aberto o prazo de inscrición para participar nos campamentos urbanos de Nadal cos centros Ágora e Fórum Metropolitano, que se desenvolverán entre o vindeiro 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Nesta ocasión, a oferta enmárcase na proposta O que ten oficio ten xeitiño. Creatividade nas nosas mans, na que as e os participantes se porán na pel dos distintos gremios que, ao longo da historia, traballaron coas súas mans os produtos da natureza. Así, as nenas e nenos coñecerán o traballo con coiro, madeira ou lá, á vez que elaboran diferentes obxectos creativos nun campamento que ten, como premisa, o fomento de valores cívicos e compañeirismo. Aos campamentos do Ágora e Fórum poderán asistir as nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2013, e estarán agrupados segundo as súas idades. As actividades terán lugar os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, así como os días 2, 3, 4, e 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e a inscrición --cuxa cota é de 35 euros, coma nas últimas edicións-- pódese realizar nas conserxerías do Fórum e do Ágora --en horario de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas-- até cubrir as prazas dispoñibles. Para favorecer a conciliación, ademais, as familias que así o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 09.00 a 10.00 horas, un servizo que terá un suplemento de 5€ por participante.

Documentos:

Díptico Campamentos (395 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión