Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2021

O Concello mellora a seguridade viaria nas contornas escolares coa instalación de novas sinais

A Área de Mobilidade colocou paneis para advertir da presenza de escolares nas entradas dos colexios das Escravas, Salesianos, Eusebio da Guarda e do IES de Monte Alto

Co obxectivo de reforzar a seguridade viaria das e dos escolares nas contornas dos centros educativos, a Área de Infraestruturas instalou esta semana novas sinais nos colexios das Escravas, Salesianos, Eusebio da Garda e no IES de Monte Alto. Desde xeito, o Concello responde á demanda da dirección do CEIP Eusebio da Guarda, que, preocupada polo índice elevado de vehículos que circulan polo Paseo Marítimo, reclamou no Pleno novos sinais na entrada, que o colexio habilitou para evitar as aglomeracións e cumprir as medidas de seguridade debido á COVID-19.

A alcaldesa, Inés Rey apuntou que unha das prioridade do Goberno local é garantir a seguridade das nenas e os nenos no seu camiño ao colexio. Esta actuación súmase ao plan de mobilidade que está a desenvolver o Goberno local para lograr unha cidade máis segura e sustentable; un plan que lle dá protagonismo á cidadanía nunha aposta por mellorar o transporte público e por peonalizar as rúas. Neste sentido, o Concello fixo peonís as inmediacións do centro Monte das Moas e urbanizou a rúa Vitoria Fernández España, que dá acceso ao IES Menéndez Pidal.

Dentro das medidas de seguridade que está implantando o Concello, esta semana tamén se instalou, no cruzamento da rúa Santa Catalina co Cantón Pequeno, un panel de Zona peonil, que lles prohibe pasar aos vehículos (excepto vehículos de emerxencia) ao carril habilitado como senda peonil desde a Mariña até a praza de Mina. Esta medida adóptase para evitar que os vehículos que circulan por esta rúa cara ao Cantón Pequeno circulen ou aparquen na zona reservada ás persoas viandantes.

Doutra banda, a Área de Mobilidade implantou o dobre sentido de circulación na rúa Fratenidade, en Vioño, para mellorar a mobilidade na contorna do parque, e pintáronse novas prazas da ORA na rúa Curros Enríquez, onde se pasou de 11 a 18 prazas e onde se cambiou o aparcamento a estacionamento en batería.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión