Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

16 de xaneiro de 2021

O Concello mellora o mobiliario urbano no barrio de Xuxán coa instalación de dez bancos

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local “ten unha clara aposta por crear espazos públicos de calidade en que as cidadás e os cidadáns sexan os verdadeiros protagonistas”

O Concello, a través do Servizo Municipal de Infraestruturas, mellorou o mobiliario urbano no barrio de Xuxán coa instalación de dez bancos, que facilitarán a mobilidade e o lecer da cidadanía. Esta iniciativa, unha demanda das veciñas e veciños do barrio, propiciará a convivencia da veciñanza.

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local "ten unha clara aposta por crear espazos públicos de calidade en que as cidadás e os cidadáns sexan os verdadeiros protagonistas" e manifestou que "estes bancos eran necesarios mentres non se inicia a segunda fase da urbanización en Xuxán". Rey apuntou que nas vindeiras semanas a Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade tamén instalará varias papeleiras na zona.

Ademais, o Concello dotou de bancos novos a sede da asociación de veciñas/os do Birloque, respondendo así a unha demanda veciñal da devandita entidade, e á rolda de Outeiro, á altura do número 280, por petición da asociación de veciñal Agra do Orzán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión