Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xaneiro de 2024

O Concello oferta 1.000 horas de formación en competencias dixitais nas Bibliotecas Municipais

Os cursos comezan este luns 22 de xaneiro no Fórum Metropolitano e na Sagrada Familia, con formación básica en uso de ordenadores e móbiles

O Concello pon en marcha unha nova edición do programa de formación en competencias dixitais a través da rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, co obxectivo de dar recursos a persoas cun baixo grao de coñecemento na materia. Os cursos forman parte das accións posta en marcha polo Goberno de Inés Rey para avanzar na reducción da chamada fenda dixital.

Trátanse dun total de 60 cursos impartidos ao longo de todo o ano nas bibliotecas do Centro Sociocultural Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia. En total, a través dos cursos ofertanse case 1.000 horas de formación en diferentes campos da tecnoloxía cotiá. Dende a configuración dun teléfono móvil, trámites en liña e certificados dixitais, uso de redes sociais ou a xestión do correo persoal.

Ademais dunha vertente práctica, este programa en competencias dixitais contén unha perspectiva educativa nas TIC para o bo uso e relación co mundo dixital, achegando consellos e recomendacións para combater a desinformación. Nesa liña, o Concello dispón dun servizo gratuíto de atención tecnolóxica para axudar a persoas usuarias que teñan algún problema no uso das TIC. As consultas poden realizarse de xeito presencial na rede de Bibliotecas Municipais ou en liña, a través da web municipal.

A formación en competencias dixitais comeza este luns 22 de xaneiro con dous cursos: 'O móbil desde cero', no Fórum Metropolitano, e o 'Ordenador desde cero', na biblioteca da Sagrada Familia. As inscricións, así como a información sobre os próximos cursos, pode realizarse na web das Bibliotecas Municipais ou de xeito presencial nas mesmas.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión