Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2022

O Concello oferta este mes 800 horas de formación para facilitar a inserción laboral

Os cursos forman parte do proxecto Coruña Suma, orientado a persoas en situación de desemprego

Durante o mes de xullo o Concello, a través da concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, porá en marcha as últimas edicións dos itinerarios formativos de Rexistros Contables (235 horas), Técnicas administrativas básicas de oficina (245 horas) e de Alteracións dexenerativas, demencias e Alzhéimer (268 horas). Todos eles contan cun módulo de prácticas en empresas que permite non só aplicar os coñecementos adquiridos durante a formación específica, senón tamén facilitar o acceso ás empresas.

Os cursos, que son totalmente gratuítos, enmárcanse dentro do programa Coruña Suma, unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo posta en marcha polo Goberno de Inés Rey durante o actual mandato para mellorar e promover a inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Coruña Suma ten unha orientación individualizada e conta cun módulo de Coaching laboral para a mellora das habilidades na busca de emprego, tamén de forma gratuíta. Ademais, a partir da data de finalización, o proxecto recolle unha labor de acompañamento na procura de emprego durante un período de seis meses.

Por outra banda, en xuño rematou o curso sobre programación orientada a obxectos con JAVA iniciado no mes de maio. Nel participaron un total de 15 alumnos e alumnas, realizando 265 horas de formación en horario de mañá de luns a venres, de 9.30 h a 14.30 h. A derradeira edición deste itinerario impartirase a partires do mes de setembro, no que haberá 15 novas prazas a disposición das persoas interesadas en formarse no ámbito da programación dixital.

Para acceder aos cursos de formación é preciso solicitar unha cita de orientación laboral co persoal técnico do proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), xa que un dos obxectivos é axustar as expectativas profesionais das persoas e os sectores con maiores posibilidades de atopar emprego no Concello da Coruña.

Continúan os cursos de Coruña Suma

As accións formativas a desenvolver este ano no proxecto Coruña Suma (AP-POEFE) céntranse en 4 áreas principais: administración e xestión, informática e comunicacións, atención a persoas dependentes e hostalaría e turismo. 

Ata o mes de setembro, está previsto o inicio de 6 cursos de formación para persoas desempregadas, os últimos do proxecto Coruña Suma. Estos son:

  • 7 de xullo. Rexistros contables.
  • 14 de xullo. Técnicas administrativas básicas de Oficina.
  • 26 de xullo. Alteracións dexenerativas, demencias e Alzhéimer.
  • 1 de setembro. Técnicas de recepción e comunicación.
  • 7 de setembro. Programación orientada a obxectos con JAVA.
  • 15 de setembro. Xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías.

A información do proxecto Coruña Suma pode consultarse na web Coruña Suma ou contactando co Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no teléfono 981184399 ou mandando un e-mail a coruna.suma@coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión