Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2023

O Concello organiza co Banco de Alimentos Rías Altas a Feira do Voluntariado, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo no paseo do Parrote

O encontro, no que participarán 40 entidades, estará precedido o venres por unha xornada sobre voluntariado corporativo

A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, presentou esta mañá a Feira do Voluntariado que terá lugar esta fin de semana no paseo do Parrote.

O encontro, organizado en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, reunirá o sábado 25 e o domingo 26 a un total de 40 entidades que realizan tarefas de voluntariado na cidade. Previamente, o sábado 24, desenvolverase unha xornada técnica sobre voluntariado corporativo no auditorio de Afundación Obra Social ABANCA, que inaugurará a alcaldesa, Inés Rey, e contará co apoio de Abanca, Vegalsa e We Sustainability.

"É unha grande oportunidade para que os veciños e veciñas da cidade se acheguen a coñecer o labor que realizan estas entidades e se animen a colaborar en tarefas de voluntariado", subliñou Neira. As 40 entidades, entre as que se atopa o Concello, abranguen múltiples tipos de voluntariado: ambiental, cultural, comunitario, social, deportivo, internacional, de lecer e tempo libre, protección civil e socio-sanitario.

Baixo o lema 'Ven coñecernos', a Feira do Voluntariado situarase no Parrote o sábado de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas, e o domingo 26, só en horario de mañá, de 11.00 a 14.30 horas. Voluntarios e voluntarias das distintas entidades darán a coñecer o seu labor de primeira man mediante charlas e obradoiros, e tamén haberá actuacións musicais nunha dobre xornada aberta ao público xeral.

Pola súa banda Conchy Rey, a presidenta do Banco de Alimentos Rías Altas, que acompañou á concelleira na presentación da Feira, sinalou que "hai moitas maneiras de ser voluntarios e voluntarias, todo o mundo pode selo e necesitamos que se sumen e aporten".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión