Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2020

O Concello permitirá de maneira excepcional que as terrazas de locais de hostalaría ocupen prazas de aparcamento

A medida pretende axudar a paliar as perdas económicas do sector durante a pandemia

O Concello permitirá de maneira excepcional que os locais de hostalaría ocupen prazas de aparcamento para a súas terrazas sempre que estean situadas enfronte da fachada dos seus establecementos, non utilicen prazas reservadas as persoas residentes, con diversidade funcional e en zonas de carga e descarga e dispoñan da autorización do Concello. Esta medida, que se poñerá en marcha a finais de mes, só será aplicable aos establecementos que non dispoñen de espazo público para instalar terrazas.

O Concello estuda agora a mellor opción para habilitar estes espazos nas calzadas co fin de paliar as consecuencias que a crise económica provocada pola pandemia da Covid-19 tivo no sector da hostalaría e axudar aos locais situados en beirarrúas estreitas e nas que a xente espera para poder acceder ao interior. A iniciativa busca tamén facilitar que se poida manter a distancia social entre a clientela para evitar contaxios. De este xeito, o Goberno local quere garantir que as peoas e os peóns poidan transitar polas rúas sen ningún problema e evitar aglomeracións de xente.

Durante o estado de alarma, e unha vez que se autorizou a apertura de locais con capacidade reducida, o Concello xa lles permitiu aos locais de hostalaría e restauración da cidade ampliar o espazo destinado ás súas terrazas sempre que cumprisen certos requisitos e que estivesen situadas en beirarrúas amplas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión