Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2026

O Concello prepara a ampliación das áreas verdes existentes na rúa San Diego, mellorando os espazos públicos entre a Gaiteira e a Cubela

As tarefas de axardinamento, adxudicadas esta semana, levaranse a cabo na superficie baleira que deixou un antigo alboio derrubado polo Concello, medida que permitirá unificar o parque biosaudable desta rúa

Nas vindeiras semanas, o Concello porá en marcha a ampliación das áreas verdes existentes na rúa San Diego, unha intervención incluída no Plan de Barrios 2025-27 e que permitirá mellorar os espazos públicos que hai entre a Gaiteira e a contorna da Cubela.

Os traballos de axardinamento, adxudicados esta semana á empresa Jardinería Arce, executaranse sobre a superficie baleira que deixou un antigo alboio derrubado polo Concello, no cruzamento entre as rúas San Diego e Petín.

A demolición deste tapón urbanístico, completada a inicios deste ano, permitirá unificar o conxunto do ámbito, onde o Goberno de Inés Rey xa habilitou unha pequena área biosaudable hai cinco anos. Porén, a existencia de diversas parcelas privadas neste enclave -todas elas, fragmentadas- dificultaba a ampliación do parque. Isto foi posible grazas aos acordos que, pouco a pouco, foi acadando o Concello coas persoas propietarias, cun desembolso total duns 240.000 euros para obter a superficie total.

A supresión do alboio foi o penúltimo paso para acometer as melloras previstas nas áreas verdes deste espazo da rúa San Diego, onde proximamente se iniciarán as tarefas para adecuar o parque no seu conxunto. Crearase un pequeno sendeiro peonil, sumarase novo mobiliario urbano, plantaranse case unha ducia de novas árbores e, de paso, instalarase un novo sistema de rego automático, para o coidado e mantemento do céspede.

Esta nova fase de traballos nesta parte da rúa San Diego suporá un investimento de case 45.000 euros.

Con esta medida, o Executivo local busca avanzar na súa folla de ruta para darlle resposta ás demandas formuladas pola veciñanza no barrio da Gaiteira e a Cubela.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión