Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2025

As festas están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos e deben acudir acompañados/as por unha persoa adulta responsable

O Concello programa 13 festas e 9 obradoiros de Samaín nos centros cívicos

Todas as propostas son de balde e requiren preinscrición previa na conserxaría do centro correspondente a partir do 25 de outubro

O Concello da Coruña activa a programación especial de Samaín na rede municipal de centros cívicos: un total de 13 festas infantís e 9 obradoiros para cativada de 4 a 12 anos. A participación é gratuíta en todas as actividades e as prazas asignaranse por orde de inscrición nas conserxarías dos centros onde se desenvolve cada proposta, a partir do sábado 25 de outubro, ata completar aforo.

As festas terán lugar nos centros cívicos do Castrillón, Mesoiro, Rosais, Elviña, Palavea, Cidade Vella, San Diego, Monelos, Monte Alto, Eirís, Mallos, Birloque e Novoboandanza. «O Samaín é unha das citas máis agardadas pola cativada; enchémonos de imaxinación, xogos e convivencia segura nos barrios», salienta a concelleira Nereida Canosa.

No caso dos obradoiros -tamén para idades de 4 a 12 anos-, desenvolveranse nos centros cívicos de Pescadores, Santa Margarida, Artesáns, San Pedro de Visma, Sagrada Familia, A Silva, Castro de Elviña, Santa Lucía e Feáns. A veciñanza poderá consultar no propio centro as datas, horarios e detalles de cada proposta. A oferta de actividades do Samaín enmárcase dentro das políticas culturais e de conciliación postas en marcha polo Goberno de Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión