Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de outubro de 2020

O Concello publica a resolución provisional da convocatoria de usos das Instalacións Deportivas Municipais

A pesar do carácter provisional, esta determinación permítelle ás entidades demandantes incorporárense de forma paulatina aos adestramentos, en función dos usos propostos e sempre e cando presenten por rexistro a documentación requerida que se pode consultar na web https://www.coruna.gal/deportes/gl/

O Concello, a través da Concellería de Deportes, publica a resolución provisional da convocatoria de usos das Instalacións Deportivas Municipais para a tempada 2020 - 2021.

Esta convocatoria pública, impulsada polo Goberno local e que se pode consultar no portal web municipal de Deportes, permite unha distribución dos usos das instalacións deportivas municipais xestionadas polo Concello baseándose en criterios de publicidade, transparencia e reparto xusto entre todas as entidades demandantes. Desde a Concellería de Deportes sinalan que hoxe se abre o prazo de alegacións de 10 días hábiles.

A pesar do carácter provisional, tendo en conta que xa comezou a tempada de adestramentos e que se causaría un prexuízo ás entidades demandantes das horas de uso no caso de demorar mais a eficacia da dita resolución, permíteselle ás entidades que así o desexen incorporarse de forma paulatina aos adestramentos, en función dos usos propostos, sempre e cando presenten por rexistro a documentación requirida na base 9.4 da convocatoria, coa advertencia de que se se presentan alegacións poden dar lugar a un cambio no reparto das horas de uso.

Na páxina web de Deportes está publicada a documentación asinada que se debe presentar por rexistro, incluído o documento de aceptación do Protocolo Covid-19 do Concello para o uso das instalacións deportivas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión