27 de febreiro de 2026
O regulamento foi aprobado inicialmente polo Pleno municipal en sesión do 12 de febreiro. Coa súa publicación no BOP ábrese un período de 30 días hábiles, do 2 de marzo ao 15 de abril, para a presentación de alegacións ou suxestións por parte por parte das persoas interesadas.
O Pleno do Concello da Coruña acordou, na sesión ordinaria celebrada o pasado 12 de febreiro de 2026, a aprobación inicial do Regulamento do Consello Local da Infancia e da Adolescencia da Coruña (CLIAC).
Coa publicación do regulamento, a día 27 de febreiro, no Boletín Oficial da Provincia, a páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello, ábrese un período de 30 días hábiles, do 2 de marzo ao 15 de abril (ambos os días incluídos) para a presentación de alegacións ou suxestións por parte das persoas interesadas, de acordo co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
No caso de que no prazo de 30 días hábiles non se presenten alegacións ou suxestións, o texto do Regulamento considerarase definitivamente aprobado sen necesidade de acordo plenario.
Consello Local da Infancia
O Consello Local da Infancia e Adolescencia da Coruña (CLIAC) está promovido polo Concello, a través do Servizo Municipal de Educación, co obxectivo de construír un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

24 de febreiro de 2026

22 de febreiro de 2026

21 de febreiro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible