Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de maio de 2026

O Concello recibe en María Pita ás grandes figuras internacionais do Gran Premio Cantones 2026

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a recepción oficial ás delegacións participantes nunha das grandes citas internacionais da marcha atlética

O Concello da Coruña acolleu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a recepción oficial ás delegacións participantes na XXXIX edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantones-Trofeo Sergio Vázquez, unha das probas de referencia do calendario mundial da marcha atlética integrada no World Race Walking Tour de World Athletics. Ademais, a competición foi recoñecida pola Federación Española de Atletismo e por World Athletics como a mellor proba de marcha de España e unha das principais do mundo.  

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; e a campioa olímpica e mundial María Pérez, unha das grandes protagonistas desta edición tanto pola súa participación deportiva como pola masterclass aberta ao público celebrada esta tarde nos Xardíns de Méndez Núñez.

Na recepción participaron tamén numerosos atletas internacionais e representantes das diferentes delegacións presentes esta fin de semana na cidade, consolidando unha vez máis a dimensión internacional dunha competición histórica que converterá este sábado A Coruña no epicentro mundial da marcha atlética.

Durante a súa intervención, a alcaldesa destacou "o orgullo que supón para a cidade acoller unha competición histórica que proxecta internacionalmente o nome da Coruña da man do deporte de elite". Inés Rey puxo tamén en valor "o traballo organizativo e o compromiso de todas as persoas e entidades implicadas para que o Gran Premio Cantones continúe sendo unha referencia mundial da marcha atlética".

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou "a enorme relevancia deportiva e internacional dunha cita que cada ano reúne na Coruña ás mellores figuras mundiais da disciplina". O edil destacou tamén "a aposta decidida polo deporte de primeiro nivel impulsada nos últimos anos polo Goberno de Inés Rey, que permite que A Coruña siga consolidándose como sede de grandes eventos internacionais".

María Pérez agradeceu a acollida da cidade e destacou o ambiente que se vive arredor da competición coruñesa, mentres que o presidente da Federación Galega de Atletismo incidiu no prestixio internacional dunha proba que continúa reunindo xeración tras xeración ás principais referencias mundiais da marcha. A competición celebrarase este sábado 23 de maio no circuíto urbano da Mariña, cun programa que inclúe as probas internacionais de medio maratón masculina e feminina e os 10 quilómetros internacionais por invitación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión