Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2023

O Concello recupera a antiga áncora da coiraza do Orzán, restaurada e instalada hoxe no illote central da nova glorieta intelixente da Casa do Mar

Esta intervención completa os traballos na rotonda da avenida do Exército

O Concello completou esta mañá os derradeiros traballos na nova glorieta intelixente da Casa do Mar, operativa para o tráfico de vehículos desde comezos de maio. Hoxe, púxose o punto e final ás intervencións previstas na rotonda, coa instalación no illote central da antiga áncora da coiraza do Orzán, restaurada polo servizo municipal de Infraestruturas.

Segundo os rexistros municipais, a áncora foi recollida nas redes dun buque coruñés que faenaba nas augas do Gran Sol, e adquirida posteriormente polo Concello na lonxa dos peiraos de Linares Rivas. A peza, de dúas toneladas e media e que, baseándose nas estimacións do persoal técnico municipal, podería ter máis de cen anos, restaurouse entón nos talleres municipais de Agrela e, xa no ano 2000, foi situada na coiraza do Orzán, de onde foi retirada no ano 2013.

O Concello recupera agora a áncora para o seu uso como elemento ornamental na rotonda que tamén dá acceso ao porto. Nas últimas semanas, a peza foi sometida a tarefas de saneamento, coa eliminación de vultos na súa superficie e o estendido dunha pintura antioxidante, para evitar a súa deterioración fronte ás inclemencias meteorolóxicas. A áncora repousa no illote central da glorieta sobre un gran bloque de granito, que tamén foi recuperado.

A finalización das obras no cruzamento entre a avenida do Exército e Ramón y Cajal

A colocación da áncora no illote central da glorieta da Casa do Mar supón a conclusión das obras no cruzamento entre a avenida do Exército e Ramón y Cajal. Xa a semana pasada, o Concello concretou os traballos de asfaltado do carril bici da nova glorieta, unha infraestrutura que xa está a ser empregada pola cidadanía.

Neste sentido, o novo carril bici mellora a seguridade viaria e o tránsito en bicicleta por este punto, polo que pasan un total de 21.000 vehículos ao día. Ademais, dende a súa apertura, este treito de carril bici pasou a estar conectado co resto da rede ciclable da contorna, creando un itinerario continuo e seguro para as persoas usuarias. 

A nova glorieta xa está 100% operativa para o tráfico de vehículos e bicicletas. Segundo os datos recollidos pola Área de Mobilidade e a xestión da rede semafórica feita desde o Centro Integral da Mobilidade, o cambio de regulación dos semáforos aforra xa 175 horas diarias de espera ao total de vehículos que utilizan esta intersección.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión