Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2022

O Concello recupera unha escultura de José Castiñeiras para culminar a remodelación da rúa de San Leopoldo

A peza ‘Os paseantes’ preside a vía, na que xa están practicamente concluídos os traballos de peonalización e reurbanización

A escultura 'Os paseantes', do artista coruñés José Castiñeiras, preside desde esta semana a rúa San Leopoldo. O Goberno municipal recuperou esta obra, que xa estivera instalada no barrio da Agra do Orzán con anterioridade, do mesmo modo que volveu colocar a peza aos Liberales, tamén de Castiñeiras, na praza das Conchiñas.

Con esta acción o Goberno de Inés Rey busca recuperar o patrimonio artístico da cidade e dotar ás rúas de elementos singulares que complementen as actuacións levadas a cabo desde a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. A obra, que permanecía almacenada en dependencias municipais, foi restaurada polo escultor Miguel 'Mico' Rabuñal para a súa volta á vía pública. Trátase dun conxunto escultórico formado por dúas figuras estilizadas, unha feminina e outra masculina, labradas en granito miraz a tamaño natural sobre pedestal monolítico. 

O Goberno municipal destaca a recuperación para a cidadanía de obras dun dos seus artistas máis icónicos. José Castiñeiras é o autor da estatua de María Pita que se atopa na praza que leva o seu nome. Tamén foi o encargado de deseñar e elaborar a estatua da fonte dos Surfistas.

Peonalización de San Leopoldo

Coa instalación desta obra e a plantación das árbores, os traballos de peonalización da rúa San Leopoldo están practicamente concluídos, a falta de pequenos detalles. A peonalización definitiva da rúa chega despois dunha experiencia piloto que comezou no Nadal do ano 2020, consensuada coa cidadanía e comerciantes do barrio para favorecer a mobilidade polo distrito. 

As obras de reurbanización en San Leopoldo posibilitaron que a rúa pase a ser de plataforma única, coa colocación de arboredo repartido en zonas axardinadas que están localizadas na franxa central da rúa. Ademais, atendendo á solicitude da Asociación de Veciños da Agra, executaranse traballos de pintura no firme para que as pequenas e pequenos poidan dispoñer e gozar de xogos infantís de carácter educativo ao aire libre. Ademais, habilitarase un novo acceso á praza do Comercio dende a rúa Gramela, para mellorar a mobilidade na zona.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión