9 de setembro de 2015
A Policía Local controlará a contorna dos centros á hora da saída e de entrada dos e das estudantes, regulará os autobuses e vixiará a dobre fila
Os servizos municipais reforzarán desde mañá e ata o mes de xuño a vixilancia do tráfico arredor dos centros de ensino da cidade con motivo do inicio do curso escolar. Desde primeira hora e en horario de mañá e de tarde, as patrullas da Policía Local vixiarán a entrada e saída dos colexios para controlar tanto o tránsito de vehículos como o acceso dos e das estudantes, especialmente nos horarios de entrada e saída. O dispositivo inclúe a regulación do tráfico, a colaboración nos pasos peonís, o regulamento da entrada e saída de autobuses e o control da dobre fila e a axilización da circulación na contorna dos centros.
O dispositivo de tráfico verase reforzado co operativo de seguridade, no que os axentes encargaranse de controlar as infraccións susceptibles de xerar conflitos.

11 de maio de 2026

9 de maio de 2026

8 de maio de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible