Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2024

O Concello reforza o dispositivo de urxencias sociais ante a baixada de temperaturas na Coruña

O equipo do SEMUS ofrecerá máis roupa de abrigo e bebidas quentes ás persoas que pernoctan na rúa

Desde este venres 19 de xaneiro, e ante a baixada de temperaturas prevista de cara ás próximas horas, o Concello da Coruña, a través da Concellaría de Benestar Social, incrementa os recursos que ofrece o Servizo Municipal de Atención a Urxencias Sociais (SEMUS) para as persoas que pernoctan na rúa.

A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou que "en coordinación coa Policía Local reforzarase a entrega de roupa de abrigo, mantas, sacos de durmir e bebidas quentes, ademais de ofrecer a información habitual sobre os recursos de albergue que existen na cidade".

Nesta noite do venres 19 ao sábado 20 de xaneiro estímase que as temperaturas rondarán, aproximadamente, os dous graos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión