29 de outubro de 2021
Tranvías aumentará as frecuencias das liñas con paradas próximas aos cemiterios da cidade os días 31 de outubro e 1 de novembro
A Policía Local e a Compañía de Tranvías reforzarán os seus servizos durante esta festividade de Todos os Santos. O obxectivo é poder dar resposta ao aumento da afluencia aos cemiterios da cidade na véspera e o día de Defuntos.
Haberá, polo tanto, un dispositivo especial da Policía Local á entrada destes espazos. A diferenza do ano pasado, nesta ocasión xa non haberá restricións de aforo por motivos sanitarios. Os cemiterios municipais estarán abertos en horario de 9:00 a 19:00 horas e contarán tamén con reforzo de persoal propio e dos servizos de recollida e limpeza.
Por outra banda, a Compañía de Tranvías reforza os servizos de autobús na contorna dos cemiterios municipais, tanto o domingo 31 de outubro como o luns 1 de novembro. Afectará, en primeiro lugar, ás liñas 23 e 23A, que terán dous autobuses máis. De esta forma, a frecuencia combinada de ambas liñas será de 17 minutos para dar servizo ao cemiterio de Feáns. Reforzarase tamén a liña 3, que atende aos cemiterios de San Pedro de Visma e San Amaro, con unha frecuencia combinada coa liña 3A de 16 minutos. En Visma tamén darán servizo as liñas 12 e 14.
Ademais, a liña 11, cun percorrido transversal pola cidade e con transbordo de todas as demais liñas, reforzarase con dous autobuses adicionais durante toda a xornada, dando servizo ao cemiterio de San Amaro cunha frecuencia de 17 minutos. As restantes zonas da cidade están comunicadas co cemiterio de San Amaro a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17. O cemiterio de Oza, no Castrillón, está comunicado por medio das liñas 1, 12A e 14. Por último, ao cemiterio de San Cristóbal das Viñas van as liñas 5, 12A e 22.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible