7 de febreiro de 2026
Reforzarase a frecuencia das liñas de autobús que afectan a Monte Alto e se implantarán Puntos Violeta
Os locais poderán ampliar o seu horario de apertura en dous horas entre o 13 e o 18 de febreiro
O Concello reforzará os seus servizos e ampliará horarios de hostalería durante as celebracións do Antroido. "Nestas datas celébranse festas de disfraces, concursos, bailes, audicións musicais, concertos e similares para festexar o Antroido, e o Concello quere dipoñerlo todo para desfrutar a ledicia propia destas datas e evitar molestias innecesarias á veciñanza", apuntou a alcaldesa, Inés Rey, que tamén engadiu que "deste xeito, poderemos desfrutar dunha cidade que coide a boa convivencia, o respecto e a tolerancia, así como corresponsabilizarnos como cidadanía para evitar e alertar ante calquera manifestación que vulnere a liberdade e o gozo das persoas atendendo especialmente as violencias machistas, LGTBI fobias, racistas ou xenófobas".
A norma especial para os establecementos de ocio e hostalería establece que desde o vernes 13 de febreiro ás 22.00 horas e ata o mércoles 18 de febreiro ás 24.00 horas, aqueles locais que o desexen poderán organizar no espazo público de titularidade municipal festas de disfraces, concursos, audicións musicais, concertos ou similares, mediante comunicación previa á Area de Mobilidade, sempre e cando non se afecte á circulación de vehículos.
Para a organización de ditas actividades se permite a instalación daqueles elementos necesarios como servizo de apoio tales como mostradores, barras ou similares, así como actuacións de musica en directo e aparellos reprodutores de son. Para tal fin poderanse instalar tarimas dun chanzo sen conexión eléctrica.
O Concello disporá desde o luns na páxina web dun modelo da comunicación previa requirida aos responsables dos establecementos, co contido indicado no apartado de normas xerais. Para todas aquelas actividades propostas que excedan do estipulado, deberá presentarse unha solicitude dirixida á Area de Mobilidade para o seu análise.
Ademáis, neste mismo período, os locais poderán ampliar o seu horario de apertura en ata dúas horas se así o desexan, sen prexuízo de que teñan que seguir aténdose as normativas de ruído e respetar en todo momento o descanso e a seguridade dos veciños.
Cortes de tráfico e Puntos Violeta
O Concello procederá durante estes días a efectuar os seguintes cortes de tráfico puntiais:
A cidadanía contará coa instalación de dous Puntos Violetas o sábado 14 e o martes 17 de febreiro. Estes puntos son espazos seguros que, en coordinación cos corpos e forzas de seguridade e cos recursos municipais, ofrecen información á cidadanía en xeral e, de ser preciso, atención integral (acollida, asesoramento e apoio psicolóxico) a adolescentes e mulleres novas ante situacións de violencia machista, especialmente as vinculadas á violencia sexual. Con esta medida, o Concello da Coruña contribúe a favorecer o goce do Antroido en condicións de igualdade. O horario de atención será de 22:00 a 2:00 h o sábado 14 de febreiro e de 19:00 a 23:30 h o martes 17 de febreiro.
Finalmente, con motivo das festas e ao obxecto de facilitar a mobilidade, reforzaranse as frecuencias das liñas de autobús que afectan a Monte Alto e Orillamar, da seguinte maneira:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible