Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2019

O Concello rematou o ano cun 74% máis de licenzas de obra concedidas que en 2014, cunha medida de 81 ao mes

O goberno local contabiliza o trámite de 978 títulos habilitantes deste tipo, fronte aos 562 do último ano completo do anterior executivo. A cifra, ademais, é un 17,8% superior ao número de expedientes tramitados en 2017

O Concello da Coruña concedeu até o pasado 28 de decembro 978 licenzas de obra, un 74% máis das tramitadas en todo o ano 2014, último exercicio completo do anterior executivo municipal, que sumou 562. Segundo os datos que manexa a Concellería de Rexeneración Urbana, dirixida por Xiao Varela, durante o pasado ano, a administración coruñesa tramitou, de media, 81,5 licenzas de obra mensuais, fronte ás 46 de hai catro anos. "Estamos moi satisfeitos do traballo que se está a levar a cabo dende o Concello, que está axilizando a entrega de licenzas pero, á vez, mantendo un control escrupuloso, tratando de evitar que, nun futuro, a cidadanía teña que facer fronte a consecuencias derivadas dunha xestión urbanística sen as garantías adecuadas, como ocorreu en épocas pasadas", dixo, para resaltar que "ao cabo, este ano, estamos practicamente duplicando as licenzas entregadas hai catro". Ao fío, o concelleiro indicou que "na actualidade, e logo dun traballo especialmente laborioso, a tramitación destes expedientes e xa absolutamente electrónica, o que introduce mais seguridade, axilidade e eficacia en todo o proceso". A tramitación de licenzas de obra tamén medrou con respecto ao 2017, cando se pechou o ano con 830 títulos concedidos, en concreto, case un 17,8%.

O aumento significativo tamén é patente noutros títulos. Por exemplo, entre o 1 de xaneiro e o 28 de decembro de 2018, o Concello da Coruña tramitou 2.090 comunicacións previas ao inicio de obras, fronte ás 1.574 rexistradas en 2014 (o 32,7% máis). As comunicacións previas a actividades chegaron ás 1.468 o pasado exercicio, de novo, na liña das rexistradas nos últimos anos e superando amplamente ás 972 contabilizadas en 2014 (un 51% máis).

O titular de Rexeneración Urbana salientou que os datos de licenzas evidencian "os significativos avances realizados dende o goberno local que desacreditan, claramente, a idea de parálise que tenta trasladar a oposición". "As licenzas significan actividade e xeración económica, do mesmo xeito que as actuacións que ten previsto desenvolver o goberno local durante este ano", dixo o edil, quen recordou algunhas das actuacións previstas, como é o caso da renovación das rúas Rosario e Cortaduría, na Cidade Vella ou a ampliación da praza das Conchiñas, entre outras moitas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión