Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2018

O Concello renova o pavimento de 235 pasos peonís para “favorecer unha cidade paseable e de accesibilidade universal”

O edil de Rexeneración Urbana indica que os traballos, que consisten en “arranxos integrais do firme para eliminar irregularidades e fochancas”, xa se levaron a cabo en 130 puntos

Os departamentos municipais de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible traballan de maneira coordinada para a renovación do pavimento en 235 pasos peonís da cidade, dentro do programa municipal Paso a paso. O edil responsable de insfraestruturas, Xiao Varela, explicou esta mañá a evolución das intervencións nos pasos peonís, unha iniciativa destinada a "favorecer que a cidade sexa paseable e de accesibilidade universal, que se poda recorrer de maneira máis cómoda posible a pé para que o uso do coche sexa menos necesario".

O Concello abordou a renovación de 130 pasos até o mes de febreiro, dos 235 que está previsto que se renoven ata final de mandato. Varela apuntou que o ritmo de execución é "duns 10 pasos ao mes", segundo o permitan as condicións meteorolóxicas, que precisan dun investimento de entre 3.000 e 6.000 euros. O custo varía pola lonxitude da calzada, que van dos 3 aos 15 metros, e o tipo de material que sexa necesario retirar do pavimento. As intervencións son "arranxos integrais do firme para eliminar irregularidades e fochancas" que consisten na retirada da capa superior do firme mediante fresado, a aplicación de mestura bitumosa e a posterior reposición da sinalización horizontal, como detallou Varela. A maior parte destes traballos realízanse en horario nocturno para non causar afeccións ao tráfico de vehículos.

Varela considerou que este programa aborda "intervencións necesarias e demandadas" pola cidadanía, con especial atención aos barrios, e que tratan de "atender demandas históricas". A iniciativa enmárcase no coidado do espazo urbano no que pon especial interese o Concello, como dixo Varela, demostra o aumento de contratos de mantemento da vía pública, "que subiron neste mandato nun 29%, de 6,2 a 8 millóns".  

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión