Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2024

A mostra permanecerá aberta ata o 6 de xaneiro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a domingo

O Concello reparte 300 exemplares gratuítos do catálogo “Hematocrítico ilustrado”, coas obras expostas na mostra homenaxe a Miguel Ángel López González

Contén textos de Matilde Rodríguez, comisaria da mostra; Ledicia Costas, compañeira de Miguel Ángel López; e da alcaldesa, Inés Rey

O Concello pon a disposición do público dende hoxe un total de 300 exemplares gratuítos do catálogo "Hematocrítico Ilustrado", unha publicación de 100 páxinas que recolle as ilustracións e o deseño expositivo da mostra dedicada ao recoñecido artista a Miguel Ángel López González, máis coñecido como 'Hematocrítico'. Trátase dun documento visual que inclúe unha selección de imaxes que amosan en detalle as obras dos artistas participantes: Albert Monteys, Paco Roca, Alberto Vázquez, Mar Villar, Olga Capdevila, Martín Romero, Laura Árbol, Eugénia Ábalos e Cynthia Hierro.

O catálogo contén textos de Matilde Rodríguez, comisaria da mostra; Ledicia Costas, compañeira de vida e profesión de Miguel Ángel López; e da alcaldesa, Inés Rey. Tamén inclúe unha cronoloxía detallada sobre a vida e obra de Hematocrítico, xunto cun listado completo das obras dos libros presentes na exposición, proporcionando unha visión integral do seu legado literario e visual. Ademais, recóllense fotografías da sala expositiva que permiten ao lector apreciar a disposición do espazo e a relación entre as ilustracións e o contexto no que se mostran.

O catálogo, editado polo Concello da Coruña, xa está dispoñible para a súa retirada na Sala Municipal de Exposicións de Palexco. Cada persoa que visite a mostra poderá levar ate un único exemplar.  A mostra permanecerá aberta ata o 6 de xaneiro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a domingo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión