18 de marzo de 2026
O Goberno municipal aprobará a semana que vén os novos pregos de contratación do servizo e executarao inicialmente mediante un contrato ponte
O Goberno municipal mantivo hoxe unha reunión co secretario comarcal de UXT, Ángel Iglesias, para tratar os avances na solución adoptada para garantir a continuidade do programa de Lecer do Fórum Metropolitano e Centro Sociocultural Ágora. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou na reunión acompañado pola directora do IMCE, Laura Seoane.
Na reunión trasladouse a esta central sindical que a próxima semana aprobaranse os pregos da licitación do programa de ocio, ao mesmo tempo que se está a tramitar un contrato ponte mentres dure a licitación do novo programa. A día de hoxe só quedan cinco persoas profesoras do programa, adxudicado ata esta edición á empresa Serviplus, pendentes de percibir a súa débeda por motivos alleos ao Concello. Máis de 60 traballadores teñen percibido xa os atrasos.
Mentres a licitación do novo contrato non conclúa, o Concello executará este servizo mediante un contrato ponte, que permitirá que se retomen as sesións do programa Lecer o próximo mes de abril. O obxectivo do Goberno municipal é que as clases deste programa sociocultural se retomen o antes posibles, garantindo as condicións laborais de todas as persoas traballadoras.

18 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026

14 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible