Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de agosto de 2017

O Concello restrinxirá, por seguridade, o tránsito en varios tramos das rúas Matadoiro, Cantábrico, Santa Teresa e Adelaida Muro durante o disparo pirotécnico da Batalla Naval

A medida de seguridade, que está operativa durante os 23 minutos que dura o espectáculo de fogos, responde ás instrucións trasladadas desde a Subdelegación do Goberno de España

O Concello comezou este venres a trasladar á veciñanza das rúas Matadoiro, Cantábrico, Santa Teresa e Adelaida Muro as restricións que se producirán no tránsito durante uns minutos da noite do vindeiro luns, día 14, en varios tramos destas vías como consecuencia dos dispositivos de seguridade despregados polo disparo pirotécnico da Batalla Naval. En concreto, nos 23 minutos nos que se desenvolverá o espectáculo, quedará restrinxido o tránsito, tanto peonil como rodado, no espazo delimitado entre as rúas Matadoiro, Cantábrico e Santa Teresa (no treito comprendido entre Matadoiro e Adelaida Muro) e Adelaida Muro (desde Santa Teresa á rúa Cantábrico). Como informa a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que ten as competencias municipais en materia de seguridade cidadá, esta medida responde á instrución trasladada ao ente municipal por parte da Subdelegación do Goberno de España e se aplicará a partir das 23.58 horas e ata o remate dos fogos. A instrución trasladada desde a Subdelegación do Goberno central prescribe que, nese período de tempo, tampouco os locais de hostalería situados no espazo delimitado por estas rúas poderán ter obxectos no exterior, tales como terrazas.

Xunto coa comunicación que o Concello está a trasladar a todas as vivendas afectadas por esta medida de seguridade axúntase, segundo indica a responsable municipal, unha carta de consellos preventivos xerais para este tipo de espectáculos, que pasan por acudir ao lugar con suficiente antelación (cando menos, 30 minutos antes), situarse preto da barreira de seguridade en caso de acudir con menores de idade ou seguir sempre as indicacións do persoal de seguridade e da organización do evento, así como respectar as barreiras e non achegarse ao lugar de lanzamento dos fogos, tendo en conta que a mellor vista prodúcese a partir dos 100 metros de distancia. Neste sentido, os servizos municipais recordan que a zona con mellor perspectiva para contemplar os fogos da Batalla Naval é a parte central da enseada do Orzán, que permite visualizar os dous puntos de disparo de forma simultánea.  

Documentos:

Consellos preventivos - Espectáculos pirotécnicos (2 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión