Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xaneiro de 2024

A exposición abrirase ao público mañá, venres 12 de xaneiro, ás 19.30 horas na Casa Museo Picasso

O Concello reúne preto de 20 artistas na mostra colectiva ‘1891-1895 Picasso na casa’ sobre a estancia do pintor na Coruña

Está comisariada polo artista Manel Cráneo e componse de varias microexposicións de BD, ilustración e animación

A Casa Museo Picasso acollerá dende mañá, venres 12 de xaneiro, a mostra colectiva '1891-1895 Picasso na casa', na que o Concello reúne preto de 20 profesionais do debuxo coruñés. O Goberno de Inés Rey mantén así o seu compromiso co impulso do talento local e a dinamización das Casas Museo, cunha oferta atractiva e de vangarda, así como a súa aposta por apuntalar e reivindicar a posición da Coruña como cidade picassiana.

A exposición, organizada pola Coruña Gráfica e comisariada por Manel Cráneo, componse de varias microexposicións de banda deseñada, ilustración e animación inspiradas na presenza de Pablo Picasso na cidade da Coruña, durante a súa infancia, a finais do século XIX. Unha delas 'A cidade das pombas', microexposición de banda deseñada con guión de Manuel López Poy e debuxos de Rubén Rial coa que o público se poderá achegar a unha dramatización inspirada nas vivencias vitais e primeiras experiencias de Pablo Ruiz Picasso na Coruña. Súmase a proxección de 'Anécdotas de infancia' da mini serie de curtas de animación en ton humorístico, realizada por Tomás Conde e Virgina Curia, de Algarabía Animación, mediante a técnica de stop motion.

A exposición 'Ilustrando a Picasso' contará cunha escolma de obras a cargo de 14 profesionais da ilustración coruñesa que fan un xogo de interpretación libre a partir de obras e bosquexos realizados por Piccaso durante na súa estadía na Coruña. Eles son Xosé Cobas, Iria do Castelo, Sekone, Álvaro Dorda, Branda, Héctor Francesch, Julia Lago, Javier de la Rosa, Pablo Gallo, Luis Yang, La chica de la cinta, Paula Mayor, Roque Romero, Marina Seoane e Manel Cráneo.

'1891-1895 Picasso na casa' conta ademais cunha representación de catro escenas da infancia de Picasso realizadas con figuras de Playmobil pola Asociación Aesclick Galicia, que baixo o título 'O pequeno Picasso' quere que as e os máis pequenos da familia poidan coñecer dun xeito diferente a historia do pintor na Coruña. A exposición remata cunha selección bibliográfica de libros de referencia e de banda deseñada sobre a figura de Picasso, exposta en vitrina.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión