5 de decembro de 2025
O almanaque estará dispoñible nos próximos días en quioscos e librarías
O Concello seleccionou as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2026. O xurado reuniuse nas últimas semanas para analizar as diferentes propostas achegadas para esta edición, cumprindo coa tradición de editar un almanaque formado por imaxes de fotógrafos afeccionados da cidade. O calendario distribuirase nos próximos días en quioscos, comercios e librarías.
Este concurso está, como cada ano, aberto á participación cidadá e as fotografías deben tomarse no termo municipal da Coruña. Nas imaxes é necesario destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado tivo en conta a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.
O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig. Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello. A alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación Nereida Canosa, Roberto Coira e Francisco Jorquera, tamén formaron parte do xurado. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade da colección particular de Pedro Puig de Llano.
Este ano, o calendario irá encabezado pola frase 'Cidade sen fin'. As persoas gañadoras recibirán dous libros de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas. Os autores e autoras das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:

26 de setembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible