8 de novembro de 2022
O xurado, composto por fotoxornalistas e membros da corporación, valorou a calidade das instantáneas presentadas e a variedade de espazos e recursos empregados
O Concello da Coruña seleccionou este luns as 13 imaxes que formarán parte do calendario municipal do 2023. O xurado reuniuse para analizar as diferentes propostas achegadas durante as últimas semanas.
Este concurso está, como cada ano, aberto á participación cidadana e as fotografías deben tomarse no termo municipal da Coruña. Nas imaxes é necesario destacar o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico da cidade. O xurado tivo en conta a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.
O xurado estivo formado polos fotoxornalistas César Quián, Víctor Echave e Pedro Puig. Tamén estivo integrado por Andy Pérez, responsable de fotografía do Concello, a alcaldesa, Inés Rey, e os membros da corporación María García, Roberto Coira e Avia Veira. Xunto ás 13 imaxes seleccionadas (12 para os meses do ano e unha para a portada), o almanaque completarase con fotografías históricas da cidade para cada un dos meses do ano.
Os autores das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:
As persoas gañadoras recibirán un libro de fotografía e un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para dúas persoas.
30 de abril de 2024
29 de abril de 2024
29 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible