1 de xuño de 2026
Os traballos sobre a estrutura avanzan con vistas á súa restauración integral e reapertura total, prevista nas vindeiras semanas
O Concello afronta o treito final de actuacións para renovar a pasarela peonil entre estacións que sobrevoa a avenida Alfonso Molina, unha infraestrutura clave para facilitar o tránsito a pé entre os barrios de Catro e Camiños e Os Mallos, e que nos últimos meses está a ser saneada e mellorada.
Neste sentido, mañá está previsto abrir ao paso un dos tres ramais da pasarela que conectan coa rolda das Estacións. Concretamente, a rampla que baixa en dirección á parada de autobús 344, ao pé da avenida. Isto suporá, na práctica, a reapertura parcial da estrutura orixinal entre ambos os lados, xa que as tarefas continuarán nos outros dous ramais co obxectivo de que a pasarela reabra na súa totalidade nas vindeiras semanas.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, fixo fincapé na importancia da renovación da pasarela, "fundamental para adaptar a súa estrutura ás necesidades actuais das persoas usuarias e, de paso, reforzar a súa seguridade". O Concello inviste case un millón de euros nas intervencións sobre a estrutura, clave para manter as conexións a pé entre a estación de bus e a futura intermodal da Sardiñeira.
700.000 euros anuais para manter e conservar a pasarelas peonís municipais
Ademais da renovación integral desta pasarela, o Concello tamén destina un importante montante anual á conservación e mantemento das estruturas desta tipoloxía que son de titularidade municipal.
A mediados de marzo, o Executivo local adxudicou o contrato necesario para prestar este servizo nos vindeiros dous anos, que supón un investimento de 700.000 euros por exercicio.

18 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible