Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xullo de 2018

O Concello ultima as obras de urbanización no parque Ofimático necesarias para conceder as licenzas de primeira ocupación

O concelleiro de Rexeneración Urbana acudiu esta semana ao futuro barrio a verificar o avance dos traballos, que manteñen a previsión de quedar concluídos neste mes de xullo

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, achegouse esta semana ás obras que se desenvolven no Ofimático para a urbanización das bases onde estaban asentadas as tres torretas do tendido eléctrico, unha vez que xa están desmontadas por parte de Unión Fenosa Distribución, e que supón a derradeira actuación que resta neste sector, previa á concesión das primeiras licenzas de primeira ocupación. Neste sentido, o responsable municipal sinalou que os traballos do firme nestes enclaves avanzan a bo ritmo, o que posibilitará -se as condicións meteorolóxicas o permiten- completar as actuacións de competencia municipal no sector antes de final deste mes de xullo, tal e como se marcara o Concello e como se consensuara coa compañía eléctrica.

Segundo fai notar o concelleiro, unha vez desmanteladas das estruturas eléctricas na segunda metade do pasado xuño, o Concello puido acometer e completar os movementos de terras, así como a explanación e escavación nas tres bases, e executar na súa maior parte as instalacións nas torretas, alí onde é necesario. "Deste xeito, unha vez completados estes traballos de urbanización, e tan pronto como Fenosa poida dar subministración eléctrica ás vivendas, o Concello poderá concluír a tramitación administrativa para a concesión das licenzas de primeira ocupación dos inmobles que cumpran os requisitos necesarios, toda vez que xa foi avanzando nos trámites durante estes meses", indica Varela, que recorda que a licenza require de que as parcelas dos edificios conten coa condición de soar -para o que é precisa a súa urbanización- e que as obras realizadas sexan acordes ao proxecto e á licenza concedida para a súa execución.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión