21 de outubro de 2015
O concelleiro Alberto Lema participará na entrega de premios, que distinguirá as mellores propostas tradicional e creativa, que se unen ao o Premio Cidade da Coruña, que concede o público, e o Premio de Maridaxe con viños da D.O. de Valdeorras
O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, entregará o venres os premios do XII Concurso de Tapas Picadillo nun acto que terá lugar na Fundación Luis Seoane (10.30 horas) e ao que asistirán tamén cociñeiros e persoal propietario dos restaurantes finalistas, o xurado Picadillo, o xurado Maridaxe e o presidente da D.O. Valdeorras –que colaborou nesta edición cun novo premio á mellor maridaxe de tapa e viño– José Vicente Solarat.
Nesta edición foron 74 os establecementos da cidade concursaron con 97 tapas tradicionais e creativas, das que dez optan a premio. Os locais son os seguintes:
Casa Ponte, coa tapa ‘Delicias de risoto’
Taberna O Secreto, coa tapa ‘Polbo protestante’
Cúrcuma, coa tapa ‘Timbal de grelos con bacallau afumado’
Central Park, coa tapa ‘Macaron de foie’
La Oveja Negra, coa tapa ‘Lasaña de queixo e chourizo ao queixo Scamorza’
Oído Cocina, coas súas tapas ‘Rabo de touro ao Mencía con mazá reineta’ e ‘Macaron de salmón afumado e queixo do Cebreiro’
Abarrote, coa tapa ‘Saquiño de solombo’
Surrey, coa tapa ‘León come gamba’
Mesón Moncho, coa tapa ‘Tortilla de chicharróns con queixo San Simón’
Durante o acto, farase entrega dos diplomas a todos os establecementos finalistas, e tamén, se os houber, aos establecementos con mención especial, e concederase o Premio Cidade da Coruña (que se concede por votación popular), o Premio Picadillo Tapa Tradicional, o Premio Picadillo Tapa Creativa e o Premio Maridaxe con viños D.O. Valdeorras.
As propostas presentadas aos Premios Picadillo 2015 estarán a disposición do público nos locais ata o vindeiro 31 de decembro.
9 de decembro de 2025

26 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible