Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

20 de outubro de 2020

O Consorcio de Turismo porá en marcha coa Cámara de Comercio unha experiencia piloto que implicará o aumento da conectividade aérea con Madrid nun 50%

O concello pretende incrementar o número de voos de xeito que profesionais e particulares poidan ir e volver á capital no mesmo día e varias veces por semana

O Consorcio de Turismo porá en marcha xunto coa Cámara de Comercio unha experiencia piloto que implicará o incremento da conectividade aérea desta cidade con Madrid co fin de que as e os coruñeses poidan ir e volver á capital do estado no mesmo día e varias veces por semana. O dito ensaio está asociado á situación actual da pandemia provocada pola Covid-19 e á caída das liñas aéreas e ten como obxectivo acordar con Iberia o aumento da oferta de voos da Coruña con Barajas ata un 50% para favorecer o crecemento de empresas e negocios que precisan reunírense en Madrid e formaren equipos de traballo. Do mesmo xeito, o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou que con esta novidade o goberno de Inés Rey pretende impulsar A Coruña como destino turístico nun momento en que se necesita reactivar o sector servizos e a economía local, así como facilitarlles a mobilidade ás e aos pasaxeiros, que terán máis opcións de enlaces cos demais aeroportos nacionais e internacionais.

O Consorcio de Turismo e a Cámara de Comercio levan traballando durante meses sobre este convenio de colaboración, que se someterá á Xunta de Goberno local do Consorcio de Turismo co fin de aprobalo e poñelo en marcha canto antes. Ambos os organismos conveniarán este aumento da conectividade da Coruña con Madrid grazas á aposta de Iberia, que realizará un investimento significativo para que esta experiencia piloto permítalles regresar na mesma xornada ás persoas profesionais, sen teren que facer noite, o que lles suporá un aforro de custos ás empresas e negocios con sede na Coruña. O concello quere reforzar esta comunicación dado que o avión supón a forma de se trasladar máis rápida desde esta punta do mapa ao centro do estado.

Por outra parte, isto implicará que a tripulación e mais as aeronaves pernocten na Coruña varios días á semana para saíren a primeira hora da mañá cara Madrid.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión