Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2022

O Coro Sancta María Maris e a Agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum pechan en María Pita o ciclo de Concertos de Nadal das corais da cidade

Esta fin de semana están previstas catro actuacións

Esta fin de semana, a Praza de María Pita acolle a recta final e peche do ciclo de Concertos de Nadal protagonizado polas corais da cidade, promovido polo Concello da Coruña dentro da programación de actividades de Nadal.

Este sábado 17, e en dobre quenda, as corais protagonistas serán a Asociación Cultural El Acorde Secreto (18.00 horas) e a Asociación Xogos Tonais (20.00 horas), que ofrecerán sendas actuacións en María Pita.

Xa o domingo 18, tamén a media tarde, terá lugar a xornada de clausura do ciclo de concertos. Desde as 18.00 horas, tamén na Praza de María Pita, terá lugar a actuación do Coro Sancta María Maris, seguido posteriormente, ás 20.00 horas, pola Agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum, que porá o punto e final ao ciclo das corais neste Nadal.

Doce xornadas de actuacións nos Concertos de Nadal

Desde o comezo do ciclo de Concertos de Nadal das corais, o pasado día 4, pola Praza de María Pita pasaron diversas agrupacións emblemáticas da cidade, como o Orfeón Herculino, a Agrupación Musical Albéniz, a Asociación Cultural Tres por Cuatro, a Asociación Cultural de Persoas Invidentes e con Deficiencias Visuais, ás que se suman as que protagonizarán os espectáculos previstos esta fin de semana. 

O ciclo pecharase, desta forma, tras un total de doce xornadas de música ao aire libre, en María Pita, con actuacións gratuítas para todos os públicos.

A identidade deste ciclo de concertos vai en sintonía coa proposta de actividades de Nadal deste ano. O Goberno de Inés Rey, baixo o lema 'Un Nadal moi Noso', apostou por organizar eventos e espectáculos culturais contando con orquestras e agrupacións con raíces na cidade e de recoñecido prestixio, como é o caso tamén da Sinfónica de Galicia e a Orquestra Gaos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión