Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de agosto de 2026

O DATAfórum Justicia 2026 ofrecerá o concurso aberto “Arte y Justicia en la era de los datos”

A actividade, parte da programación do evento que se realizará na cidade entre o 21 e o 23 de outubro, ten as inscricións abertas ata o próximo 15 de setembro

O DATAfórum Justicia 2026, congreso organizado polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, e que se desenvolverá na cidade os días 21, 22 e 23 de outubro en colaboración co Concello e coa Universidade da Coruña -e co apoio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-, ofrecerá, como parte da súa programación, o concurso aberto "Arte y Justicia en la era de los datos", para o cal haberá un prazo de inscrición ata o próximo 15 de setembro. 

"A Coruña é unha cidade aberta e vibrante. Unha das moitas probas disto é a cantidade de congresos nacionais e internacionais que nos últimos anos nos elixiron. Neste caso, é un orgullo acoller o que é o principal encontro nacional sobre innovación, datos e transformación dixital na Administración de Xustiza", apuntou a alcaldesa, Inés Rey. 

O concurso conta con tres categorías: xuvenil, adulta e persoas con discapacidade acreditada, e está aberto tanto a artistas emerxentes como a creadoras/es con traxectoria que queiran achegar unha mirada propia sobre a xustiza e a tecnoloxía. As propostas seleccionadas formarán parte da exposición oficial do DATAfórum Justicia 2026. Con esta iniciativa, o congreso busca achegar a linguaxe artística aos grandes retos do noso tempo.

As propostas deben remitirse a través da páxina web do congreso (dispoñible nesta ligazón), para o que haberá que cubrir dous formularios. O primeiro, para enviar de forma anónima o traballo e o segundo para facilitar de forma independente os datos persoais. Desta forma, garántese a transparencia do proceso de valoración e selección.   

Tras reunir na súa última edición máis de 1.500 asistentes, DATAfórum Justicia continúa medrando tanto en formato como en contidos. Este ano o congreso contará con novos relatorios, mesas de debate, obradoiros e cursos, alén dun programa que reunirá salientables representantes institucionais como o ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey ou a fiscal xeneral do Estado, Teresa Peramato, entre outros. Tamén contará con profesionais do ámbito tecnolóxico, académico e empresarial para abordar algúns dos principais retos da xustiza do presente e do futuro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión