Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2015

O día 22 de maio do 2015 celebramos o Día da Biodiversidade

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 22 de maio como o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, mediante a resolución 55/201, co propósito de informar e concienciar a poboación e os estados sobre as cuestións relativas á biodiversidade. A data elixiuse para que coincidise co aniversario da aprobación do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica en 1992.

O destino da humanidade depende da diversidade biolóxica, da riqueza e variedade dos seres vivos do planeta. É esencial para o desenvolvemento sustentable e para o benestar dos humanos, e clave para reducir a pobreza. O termo biodiversidade foise impoñendo na axenda dos dirixentes do Planeta pero, lamentablemente, está lonxe o momento aínda no que supoña un condicionante das políticas internacionais. Con todo, é un feito que máis de 3000 millóns de persoas dependen da biodiversidade mariña e dos litorais para subsistir e outros 1600 millóns dependen dos bosques. A perda da biodiversidade ameaza ecosistemas únicos no planeta, á vez que destrúe modos de vida de sociedades máis respectuosas coa súa contorna. O modo actual de vida, no que impera o concepto do desenvolvemento económico por encima de calquera condicionante, devora recursos sen contemplar as oportunidades que esconden e que poderían ser solucións a futuros problemas. Por todo iso, é importante que as estratexias para a protección da biodiversidade tamén inclúan medidas para a protección da pobreza e a promoción dun desenvolvemento sustentable.

O Día da Biodiversidade e os escolares

Dentro do Programa de educación ambiental municipal (neste ano 2015) serán os alumnos do colexio Víctor López Seoane os destinatarios da actividade promovida polo Concello. Nas aulas deste centro, os escolares de sexto curso na xornada do día 22 recibirán unha charla sobre o concepto de biodiversidade e da figura do importante naturalista galego Víctor López Seoane, motivo polo cal este centro foi seleccionado este ano. A continuación da charla, os alumnos realizarán unha visita guiada á contorna da Torre e Punta Herminia, onde poderán coñecer algúns interesantes taxóns da biodiversidade da nosa cidade.

Aqueles cidadáns que desexen coñecer os programas municipais de educación ambiental pódense dirixir ao Servizo Municipal de Medio Ambiente ou para información máis detallada ao teléfono 981 90 38 34 ou educacionambientalcoruna@gmail.com

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión