Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xuño de 2026

O Día do Deporte na Rúa reúne a milleiros de persoas na contorna de Riazor

A alcaldesa, Inés Rey, participou na xornada e destacou o carácter singular dun programa que o próximo ano cumpre 40 edicións

A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición número 39 do Día do Deporte na Rúa, unha iniciativa municipal coa que o Goberno de Inés Rey busca promover e incentivar a actividade que desenvolven as entidades deportivas da cidade. Este ano houbo case 90 entidades participantes e máis de 60 modalidades deportivas de acceso libre para as persoas asistentes. 

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, participou na xornada e destacou o seu carácter singular, que converte este programa nun dos máis lonxevos do Concello. "Desde o Goberno municipal buscamos o fomento do deporte a todas as idades e, por iso, traballamos da man de moitas asociacións e clubs que hoxe amosan á cidadanía, nun acto multitudinario e en aberto, todo o seu potencial", indicou Rey. 

Como novidade desta edición, na praza de Portugal tivo lugar o Día do Xogo, que se integra por primeira vez nesta xornada co obxectivo de dar cabida a nenos e nenas de 2 e 3 anos de idade. Para facilitar a conciliacion, habilitouse un espazo de lactancia e cambiadores no Palacio dos Deportes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión