23 de marzo de 2022
A Biblioteca da Sagrada Familia acolle este xoves 24, ás 19.00 horas, un encontro aberto co actor, escritor e dramaturgo galego
Para celebrar o Día Mundial do Teatro, e no contexto do Festival Primaletras, a Biblioteca da Sagrada Familia acolle este xoves 24 de marzo (19.00 horas) un encontro aberto con Rubén Ruibal, actor, escritor e dramaturgo galego que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2007.
Durante o encontro abordarase o panorama actual do teatro galego, tanto no eido literario como no escénico. O condutor do encontro será o actor galego Fernando Morán, que representou 'Limpeza de sangre', a obra de Ruibal que resultou gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática.
Como remate do acto, o Club de Teatro Lido da Biblioteca da Sagrada Familia levará a cabo unha lectura dramatizada de dúas escenas da obra premiada.
Actos previstos no Fórum Metropolitano
Xa a vindeira semana, no Fórum Metropolitano, celebrarase o Día do Teatro cun obradoiro para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos, no que se levarán a cabo xogos e dinámicas lúdicas. Para o obradoiro, titulado 'O xogo dramático', impartido polo actor Ramiro Neira, será precisa unha inscrición previa.
O obradoiro será impartido o día 31 de marzo ás 19.00 horas.

15 de novembro de 2025

31 de outubro de 2025

9 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible